Aviso legal e privacidade

Actualizado o 23 de setembro de 2026.

Quen son

Uso desta web

Esta web presenta os meus servizos de soporte técnico, deseño web e contidos. Os textos, o deseño e as imaxes son meus, agás que se indique outra cousa. Podes citalos cunha ligazón á fonte.

Ligo a outras webs cando me parece útil, pero non respondo do seu contido.

Que datos trato

Só os que ti me dás: o teu nome, o teu correo e o que me contes cando me escribes ou reservas unha chamada. Nesta web non hai formularios que garden datos. O formulario de «Comezar» só prepara un correo na túa propia aplicación.

Úsoos para responderche, prepararche un orzamento e, se traballamos xuntos, prestar o servizo e facturalo. A base legal é o teu consentimento ao escribirme e, se me contratas, o contrato (art. 6.1.a e 6.1.b do RXPD).

Canto tempo os gardo

Mentres dure a conversa. Se chegas a ser cliente, gardo as facturas e os datos fiscais durante os anos que esixe a lei.

Quen máis os ve

Non vendo nin cedo os teus datos a ninguén. Algúns provedores trátanos por min:

Algúns destes provedores están fóra da Unión Europea. Nese caso, tratan os datos coas garantías que esixe o RXPD.

Cookies

Esta web non usa cookies nin ferramentas de analítica, e as fontes sérvense desde o propio sitio. Por iso non ves ningún aviso de cookies.

Os teus dereitos

Podes pedirme en calquera momento que che diga que datos teño, que os corrixa, que os borre ou que deixe de usalos. Tamén podes pedir unha copia para levala a outro sitio. Escríbeme ao correo de arriba.

Se cres que non tratei ben os teus datos, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).

Falamos?

Cóntame que necesitas. Respondo nun ou dous días laborables.