Soporte técnico · Por proxecto

Soporte técnico para produtos de software, por proxecto.

Monto ou ordeno o soporte do teu produto: en inglés, no teu centro de axuda ou dentro do teu equipo. Cada proxecto ten un principio, un final e un orzamento pechado.

Sóache?

Os teus clientes escríbenche en inglés e respondes co tradutor.
Respostas e artigos escritos en inglés desde o principio, cun glosario do teu produto.
O teu equipo responde a mesma pregunta vinte veces por semana.
Cada pregunta repetida convértese nunha resposta gardada ou nun artigo de axuda.
Tes centro de axuda, pero ninguén atopa nada nel.
Unha revisión que che di que falta, que sobra e que escribir primeiro.

Que inclúe

Tres tipos de proxecto, cada un cunha entrega clara. Se non sabes por onde comezar, comeza pola revisión.

Revisión do centro de axuda

Para saber que falla antes de investir en arranxalo.

  • Un informe escrito co que falta e o que está desactualizado.
  • As buscas dos teus clientes que non atopan resposta.
  • Os dez primeiros artigos que convén escribir.

Desde 800 € + IVE

2 semanas

Ordenar o teu soporte

Para equipos cun soporte que medrou máis rápido ca a súa organización.

  • Un centro de axuda que se use: os teus clientes atopan a resposta antes de escribir, e os asistentes de IA que responden por ti dan a correcta.
  • Procesos, etiquetas e respostas gardadas na túa ferramenta de soporte.
  • Un modelo para que os erros cheguen ao teu equipo de produto con todo o necesario.
  • Documentación interna para que a xente nova aprenda rápido.

Desde 1.500 € + IVE

4 semanas

Soporte en inglés

Para produtos que ata agora só atendían en castelán.

  • O teu centro de axuda, adaptado ao inglés.
  • Respostas gardadas en inglés para as consultas máis habituais.
  • Un glosario: que palabras se traducen e cales non.
  • Unha guía para que o teu equipo siga sen min.

Desde 2.500 € + IVE

6 semanas

Tres pasos

Sabes o prezo e a data de entrega antes de comezar.

  1. Unha chamada gratuíta

    Falamos 20 minutos sobre o teu produto e o teu soporte. En dous días laborables mándoche un orzamento pechado.

  2. Traballo dentro das túas ferramentas

    Cunha conta na túa ferramenta de soporte e acceso só ao que precisa o proxecto.

  3. Entrégocho todo por escrito

    Coa documentación para que o teu equipo siga sen min. Os meus accesos retíranse esa mesma semana.

Cinco anos ao outro lado do correo

Desde hai cinco anos traballo en soporte técnico para un produto de software con miles de usuarios. Sei como escribirlle a alguén que está frustrado e como explicarlle un erro a quen o ten que arranxar.

  • Inglés nativo, tamén castelán

    Escribo en inglés coma nativo e en castelán con soltura. Tamén en galego.

  • Técnico e redactor

    Leo logs e integracións, e sei escribir o artigo de axuda que evita a próxima consulta.

  • Orzamento pechado

    Sabes o que custa antes de empezar. Non traballo por horas.

  • Todo por escrito

    Cada proxecto remata con documentación que queda no teu equipo.

Preguntas frecuentes

Canto dura un proxecto?
Entre dúas e seis semanas, segundo o proxecto. Co orzamento douche a data de entrega por escrito.
Que pasa cos datos dos nosos clientes?
Asino o teu acordo de encargado do tratamento, como pide o RXPD. Só accedo ao que precisa o proxecto, e os meus accesos retíranse a mesma semana en que remata.
E cando remata o proxecto?
O teu equipo queda con todo: os artigos, as respostas e a documentación. Se máis adiante precisas outra cousa, formulámolo como un proxecto novo.

Falamos?

Cóntame que necesitas. Respondo nun ou dous días laborables.