Xa teño WordPress. Cámbiome?

A resposta curta: se o teu WordPress che dá traballo ou che custa máis cada ano, si. Se fai algo que unha web estática non pode facer, non.

Queda con WordPress se

  • Vendes en liña, con carro e pagamentos.
  • Tes unha zona de socios, con usuarios que inician sesión.
  • Alguén do teu equipo a mantén e faino a gusto.

Neses casos, cambiar non che aforra nada.

Cámbiate se

  • A renovación do hosting sobe cada ano.
  • Ninguén actualiza a web e o panel está cheo de avisos.
  • Tarda en cargar no móbil.

Unha web estática non precisa actualizacións, adoita aloxarse de balde e carga rápido. Explícoo con números en o que custa de verdade unha web. E por que é así, con debuxos, en como funciona a túa web.

Como é o cambio, paso a paso

  1. Fago unha lista do que ten a túa web: páxinas, entradas do blog, fotos e formularios.
  2. Fago a web nova cos mesmos enderezos, para que Google siga atopando cada páxina. Ti vela nun enderezo privado mentres a fago.
  3. Publicamos a web nova no teu dominio de sempre.
  4. Movemos o teu correo, se o tes contratado co hosting.
  5. Cancelas o hosting, cando todo funciona.

O paso 4 é o que máis se esquece. Se o teu correo é ola@oteunegocio.gal e o contrataches co hosting, vive alí. Se cancelas o hosting antes de movelo, quedas sen correo.

Canto custa

Depende do tamaño. Unha web pequena, de tres ou catro páxinas, adoita saír máis barata se a refago cos textos ao día. Unha web con anos de entradas no blog convén trasladala enteira. Tes os prezos na páxina de deseño web.

Se non sabes que che convén, reserva unha chamada gratuíta de 20 minutos e vémolo xuntos. Ás veces a resposta é quedar.

Segue lendo

Volver ao blog

Falamos?

Cóntame que necesitas. Respondo nun ou dous días laborables.